A Asociacion Michael Pais os convida a asistir:
Os días 9 e 10 de setembro de 2017 celebraremos a “II Edición do Torneo de Fútbol Base Michael Pais”que organizaremos, nas instalacións deportivas de Salceda de Caselas (Pontevedra), no Campo de fútbol municipal de A Gándara (céspede natural) e no Campo de fútbol Penedo Redondo (céspede artificial).
O torneo de FÚTBOL-8 disputarase nas categorías:
- foto:unsplash.com
– PREBENXAMÍN (nenos nados nos anos 2010 e 2011)
– BENXAMÍN (nenos nados nos anos 2008 e 2009)
– ALEVÍN (nenos nados nos anos 2006 e 2007)
O torneo desenvolverase nunha primeira fase clasificatoria en 4 grupos de catro
equipos nas categorías PREBENXAMÍN E BENXAMÍN o sábado 9 de
setembro, e 4 grupos de cinco equipos na categoría ALEVÍN o domingo día 10.
Esta fase clasificatoria comezará as 9:30 e rematará as 14:25. Clasificaranse
para cuartos de final os 2 primeiros clasificados de cada grupo. O horario da fase
final comezará as 17:00 e rematará as 20:00 aprox.
A organización tamén propocionará gratuitamente froita e auga a media mañan, para os participantes do torneo, coa colaboración de Frutas Nieves S.L., Supermercados Gadis e Eroski Salceda.
Todos os equipos poderán comer nun recinto que a organización poñerá a disposición dos equipos, un servizo de cantina no que se ofertará un menú de deportistas, para xogadores e corpo técnico o prezo simbólico de 3 euros.
Tamén contaremos para a realización do torneo da colaboración e axuda inestimable das Escolas Deportivas Municipais de Salceda, a Asociación Deportiva Vila do Corupus, Sección Xuvenil «Asociación Michael Pais», CaixaBank, Concello de Salceda, Deputación Pontevedra.
![Logo-FN-tipo-negra(1)](https://asociacionmichaelpais.wordpress.com/wp-content/uploads/2016/08/logo-fn-tipo-negra1.png?w=252&h=100)
![logogadis(1)](https://asociacionmichaelpais.wordpress.com/wp-content/uploads/2016/08/logogadis1.jpg?w=254&h=83)
Deja un comentario